top of page

Juste Kamishibai 

É o encargado de abrir o o ciclo cultural no día no que os máis pequechos son os protagonistas. Juan Juste e o seu Kamishibai, un teatriño de papel e obxetos, que ten a súa orixe nos templos Zen xaponeses da Idade Media, chamarán a atención dos nenos e nenas. Locutor, dramaturgo, ilustrador e apaixoado da vida, este polifacético artista, non deixará indiferente a ningún rapaz nin a ningún adulto. 

Mere Clown

É un personaxe excéntrico e atolado que revira todo o que toca para arrincar un sorriso ó seu público. Poder ser que non sexa un laretas, pero é un contacontos, pode ser que non sexa moi mañoso pero é malabarista, pode ser que non teña gracia pero é un clown. Ademáis enfúndase a bata de laboratorio do "Profesor Sorderas" para facer divertidos experimentos científicos. 

 

 

 

bottom of page