top of page

 

 

Marta Beiro naceu fai 26 años en A Coruña. Ten dúas aficións dende sempre: contar os seus soños a todo aquel que se preste a escoitar e a pasión pola beleza. Nos últimos meses quixo aproveitar a súa formación como excusa para plasmar estes soños a través da súa marca Wild Margarita, un compendio de cores e enigmas entrelazados que recrean o seu mundo onírico, as veces rebelde pero sempre optimista. En definitiva, o seu traballo máis persoal. 

 

 

 

Juan e  Mónica, socios e parella singular, son os creadores que hai detrás de Supervillano. Un bo día deciden unir as súas forzas nun proxecto común e traballar man a man deseñando e ilustrando obxetos únicos con superpoderes. Así, con moitas ganas e ilusión polo seu novo plan, xorde Supervillano.

Utilizan materiais de primeira calidade e colaboran con proveedores locais realizando unha producción responsable dende o seu pequeno taller. Según eles, o seu Supervillano é un recolector de cousas bonitas que enche o seu saco de pezas especiais coa misión de achegar ás persoas a súa particular visión do mundo.

 

bottom of page