top of page

Help Me Devil 

Lamentablemente agora moita xente pensa que a música rock e o Rock 'n' Roll é o mesmo. Pois... non, non é así. O rock-and-roll é máis grande e moito mellor.

 

HELP ME DEVIL - Juancar Parlange (guitarra e voz), Mario Vega (baixo) e Dani Miralles  (batería) - tamén saben a diferencia. Odian o Rock, pero encantalles o Rock 'n' Roll. Saben que Rock 'n' Roll trátase de ser xoven de espíritu, de cómo obter as ideas tolas na testa e poñelas no mundo real. O mesmo tempo saben que o rock 'n' roll é a tradición común de todo o pasado e o comezo de todo o novo. Un tipo de música popular basado no blues. Un estilo de vida. Un cruce de camiños. No camiño de HELP ME DEVIL, o público encontrará isto, locura, tres acordes e a verdade. 

 

 

Los Wavy Gravies

Los Wavy Gravies son un trío de rock’n’roll con antecedentes en bandas como New Rippers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e The All Night Workers que evocan o espíritu festivo e desenfadado das bandas de frat-rock’n’roll que tocaban nas “festas toga” das fraternidades universitarias americanas nos locos sesenta. Así, tocando estilos como o surf, o rock’n’roll ou o garaxe pretenden que deixes a un lado os problemas do día a día cunha cerveza na man, meneando as caderas nos seus concertos, e nas súas tolas e festivas celebracións. 

 

The Sharknadoos

 

Fai pouco máis dun ano nace The Sharknadoos. Dende entón, os catro xóvenes tiburóns deron máis de cuarenta concertos. A voz de Andrea Area, coa axuda dos seus músicos: Jesús Caramés á batería, o guitarrista David Falcón e Rubén Iglesias ó baixo e o piano, fan que as súas versións, impregnadas de sons e ritmos do blues, soul, rhythm&blues e funk chegen de forma directa ó público. That's it!! 

 

 

Comando Infraser

O Comando Infraser (antes Tartan) nace xa no ano 2009 coa idea pinchar discos só en formato vinilo e musica, PUNK, GARAGE, SURF ,SOUL e ROCKABILLY.  Aburridos das salas onde a musica só era lixo, quixeron dar un cambio en Vigo e fora de Vigo.

Con só dous anos de INESPERIENCIA, o COMANDO INFRASER pinchou en: El Monstruo de un solo ojo, La Grieta Pub, O Faro, La Iguana e O MARISQUIÑO 2011 na competicion de RED BULL DIRT JUMP. Tamén na FESTA BAD RELIGION e na FESTA DE PECHE DO MARISQUIÑO 2011 contando a organizacion con eles para que o público rompese a piñata, as pernas e demáis extremidades dentro das pistas de baile!!! 

 

El Coco Dorado

 

El Coco Dorado é amor pola música. É a expresión e a explosión espontánea de jazz, funk, swing e blues para facer dos cinco sentidos un mecanismo de disfrute colectivo. 

 

Sara, Ernesto e Juan Pablo son os músicos que forman este trío. Profesionais que con esta formación, encárganse de abrir unha fiestra para respirar toda aquela melodía que leve o vento para darlle sonoridade sempre cun sorriso. 

 

Un saxo, unha batería e unha guitarra son armas suficientes para levar a cabo o seu gran plan. Un plan que non é outro que transmitir bo rollo e bo facer. Culturhelp brinda por eles! Chin Chin! 

bottom of page