top of page

LORENA CASTRO 

Mar de Costas é a mostra fotográfica da pontevedresa Lorena Castro. Composta por fotografías tomadas íntegramente no litoral galego.

Con este proxecto, a autora pretende afastarse das lóxicas turísticas da fotografía, fotografías  estereotipadas e sen alma. E realmente cosigue o seu obxetivo a través da súa  mirada. Nelas observamos a recuperación da vivencia da expedición como tal, en 15 espazos que recorren o noso pequeno gran país. Dende lugares de peregrinaxe ata rincóns por coñecer, sempre dende un punto de vista persoal. 

 

 

XOSE HOLGADO 

F.P.S. ( Fotogramas por segundo) é a exposición fotográfica do autor Xose Holgado. Este proxecto naceu como traballo de fin de carreira, do grao en Comunicación Audiovisual. Tratase dunha serie de fotografías que rinden homenaxe ao sétimo arte, a partires dun minucioso traballo de reconstrucción, dos fotogramas dalgúns films, que marcaron aos espectadores, ó longo da historia do cinema.

Un verdadero exercicio de iluminación, no que a luz é a protagonista, sin restar importancia ó resto da posta en escea: vestiario, perruquería e atrezzo, todos estes elementos combinanse á perfección para encher as imaxes de atmósfera.

 

 

bottom of page